SEGUNDO C

EXCURSIÓN A BUÑO   

O venres visitamos o Ecomuseo Forno do Forte formado por casas antigas de familias alfareiras e coñecimos a vida tradicional dos oleiros de Buño. Tamén fixemos a nosa propia peza de barro!


 

FOMENTO DA LECTURA

As visitas semanais á biblioteca do centro son momentos de desfrutar da lectura individual e compartida.



COÑECEMOS AS PERSOAS CON SÍNDROME DE DOWN

Recibimos unha charla de sensibilización moi interesante sobre as persoas con Síndrome de Down e os seus dereitos. Grazas Alberto!


 

DÍA DO LIBRO 📗

O pasado 25 de abril celebramos o día do libro. Esa semana foi de de lecturas compartidas na biblioteca. Contamos e cantamos o conto "Polo camiño" ao alumnado de 4ºC de Infantil e nós escoitamos dúas historias contadas polo alumnado de 6ºC de Primaria.




 TALLER DE COIRO

Carla e Oliver, artesáns do coiro, mostráronnos como se traballa a pel para facer bolsos, carteiras, sandalias,.. con diferentes técnicas. Tamén fixemos pulseiras con abelorios de cores. Quedaron chulísimas!!



PAPIROFLEXIA NA AULA

Realizamos esta actividade proposta polo concello. Fixemos un feixe de coelliños e corazóns! 


 

BIBLIOTECA 

 En marzo visitamos a biblioteca municipal de Arteixo para realizar unha actividade de animación á lectura.



ROSALÍA DE CASTRO

O pasado 23 de febreiro conmemoramos o día de Rosalía de Castro. A profe Nuria contounos como atopar no ceo a estrela Rosalíadecastro.



ENTROIDO 2024

 Este ano os deportes olímpicos foron a temática do entroido. En 2º de primaria eliximos o breaking que será deporte olímpico este ano por primeira vez.


Durante toda a semana seguimos as instrucións do Meco e o xoves puidemos levar o noso disfrace favorito.


OBRADOIRO 

O alumnado de 2º gozou do obradoiro con actividades de circo proposto pola fundación Igualarte de Vigo.


VISITA DO TENISTA ÁLVARO ILLOBRE SAAVEDRA

O martes 6 de febreiro contamos coa visita do deportista aresán Álvaro Illobre Saavedra quen participou coa selección española nos Xogos Paralímpicos de Sídney 2000 e Pekín 2008. Todo un exemplo de esforzo e superación!


OS VENRES XOGAMOS COS ORDENADORES!

Repasamos os contidos traballados na clase cos xogos de wordwall e aprendemos a utilizar os ordenadores.


GADIS

O pasado martes 30 de xaneiro visitamos o supermercado Gadis dentro do proxecto educativo ALIMENTES sobre alimentación saudable e consumo responsable.




BO NADAL

 



Visita do carteiro real

O pasado martes tivemos unha visita especial. Levamos as cartas dirixidas aos Reis Magos ao buzón e falamos co paxe que fai de carteiro este ano.



A CEBRCAMILA

 

 

 

DÍA DO PIXAMA

O pasado 20 de novembro celebramos o "Día do Pixama" vindo vestidos ao cole en pixama. Realízase cada ano coincidindo coa aprobación da Convención Internacional dos Dereitos do Neno e a Nena, co obxectivo de dar visibilidade e sensibilizar sobre o dereito a medrar en familia de todos os nenos, nenas e adolescentes. Foi unha actividade solidaria, lúdica e educativa, na que os protagonistas foron os nenos e nenas que dan visibilidade a outros nenos e nenas baixo o lema "todo/a neno/a ten dereito a medrar en familia".


 

 

samaín

 



VISITA E OBRADORIO AFUNDACIÓN



CONTACONTOS POLA IGUALDADE

A primeira actividade fóra do cole agora que estamos en 2º de primaria foi asistir ao centro cívico a coñecer a "Super Manuela".



 

Visita da policía 👮


DÍA DO LIBRO 📙

Para conmemorar o día do libro fixemos contacontos entre niveis. O alumnado de 4ºC contou e cantou un conto na nosa clase. Nós recitamos o conto do Crocodilo nas aulas de 4º de infantil. Ademáis intercambiamos marcapáxinas! 


 


BIBLIOTECA MUNICIPAL

Visitamos a biblioteca municipal para facer unha actividade dinamizadora da lectura relacionada cos piratas. Pasámolo xenial!


 

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 

A nosa homenaxe ás mulleres da nosa vida.
 


TALLER "SEN ELAS NON HAI OLERÍA"



VISITA Á FÁBRICA "BONILLA A LA VISTA"


ENTROIDO  2023






TALLER NATURGY

O martes asistimos a un taller sobre o aforro de enerxía e enerxías renovables. Sandra, monitora de Naturgy, tróuxonos un xogo da oca con diferentes consignas para aforrar enerxía e pintamos unha lámpada con pintura que brilla na escuridade para lembrarnos que debemos apagar as luces. 



 


TRAXES TRADICIONAIS GALEGOS 

O alumnado de 1º gozou dunha sesión con Marta e Andrea que viñeron vestidas cos traxes tradicionais galegos de gala e de cotío. Aprendemos as diferenzas entre os dous tipos de vestimentas e ensináronnos os nomes de todas as capas que leva cada un.


 


DÍA DA PAZ ☮



VISITA AO MUNCYT

O pasado xoves 26 de xaneiro o alumnado de 1º fixo a súa primeira saída do ano. Visitamos o Museo de Ciencia e Tecnoloxía da Coruña (MUNCYT) onde participamos nun obradoiro de matemáticas, ensináronnos o museo e aprendemos unha chea de cousas interesantes sobre os avións e outros inventos.





BO NADAL 🎅

 


 




25 DE NOVEMBRO

 CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

"A liberdade está nas túas mans: VOA!!!!!"


🌰magosto🌰

O pasado venres 11 de novembro desfrutamos da actuación da asociación xuvenil xiradela e celebramos o magosto. 

Que ricas as castañas asadas!!  


  

🎃SAMAÍN 2022 🎃

O venres celebramos o Samaín e pasámolo de medo! 

Bruxas, momias, esqueletos, vampiros, zombies, demos e fantasmas fixemos desfile de disfraces, taller de tatuaxes, visitamos o túnel do terror, pintamos e xogamos nunha xornada moi divertida.