SEGUNDO A

Di NON ao ACOSO ESCOLAR


Hoxe celébrase o Día Internacional contra o Bullying ou o Acoso Escolar. 

No centro escolar estamos en contra de todas as condutas e comportamentos que agridan á comunidade educativa xa sexa de maneira física ou psicolóxica.

Traballamos cada día para que o noso alumnado atópese feliz no colexio, por iso hoxe máis que nunca, lanzamos as nosas mensaxes cheas de respecto e compañeirismo.

E dicimos "NON AO ACOSO ESCOLAR".




Lecturas compartidas


A semana pasada gozamos da lectura que nos fixeron os alumnos e as alumnas de 6⁰E.P. e despois tivemos o pracer de contarlles nós a 4⁰E.I. un conto monstruoso.





Obradoiro de coiro


Desde o concello achegáronnos este obradoiro onde aprendemos moitas cousas interesantes sobre o coiro e como se traballa. 

Despois realizamos unhas pulseiras moi bonitas con coiro e abelorios.



Xeometría e Arte




Patio limpo


Hoxe a clase de 2º A continuou coa tarefa de manter o noso patio libre de residuos. 

O obxectivo é concienciar ao noso alumnado o respecto á nosa contorna.

Aquí están as nosas compañeiras todas graciosas.






Visita á Biblioteca de Arteixo


A semana pasada tivemos a oportunidade de gozar dunha actividade na biblioteca de Arteixo. 

En grupos, os alumnos e as alumnas de 2º A realizaron unhas probas para poder atrapar aos personaxes máis temidos da literatura infantil. 





Día de Rosalía de Castro

Para festexar o Día de Rosalía de Castro, a profesora Nuria, que sabe moito de Astronomía, ensinounos a estrela RosalíadeCastro na constelación de Ofiuco ademais de contarnos cousas moi interesantes da autora.



Entroido 2024


Aquí tendes un anaquiño do ben que o pasamos o venres de Entroido.


«Todas e todos contamos», unha proposta inclusiva de Afundación.

Da man da Fundación IgualArte gozamos dun Circuito circense no que o alumnado de segundo de primaria realizou diferentes xogos para a mellora da convivencia e a cooperación.



Visita de Álvaro Illobre Saavedra

Hoxe contamos coa presenza do deportista Álvaro Illobre Saavedra quen compartiu a súa experiencia nos Xogos Paralímpicos de Pekín no 2008 e nos achegou ao esforzo que implica o deporte de alta competición. Con el quedounos claro que non existen barreiras e que con traballo, todo se consegue. Moitas grazas.


Visita ao Gadis

O pasado xoves 1 de febreiro visitamos o supermercado Gadis dentro do proxecto educativo ALIMENTES sobre alimentación saudable e consumo responsable.



Ópera "La Flauta Mágica" de W.A. Mozart

Este luns gozamos dunha Ópera adaptada onde aprendemos e experimentamos a través do teatro cantado.


Aula de informática

Todos os venres imos unha hora á aula de informática para aprender a través de xogos, o manexo do ordenador.


Visita de Augas de Galicia

Este venres, tivemos o pracer de aprender da man dunha científica como podemos previr as inundacións da nosa contorna máis próxima. Xa sabemos que non podemos evitalas, pero con todos os consellos que puidemos ver a través de diferentes experimentos descubrimos a importancia que ten coidar a nosa natureza.


Bo Nadal!


20 de NOVEMBRO "DÍA DO PIXAMA"

Para conmemorar o día dos dereitos da Infancia e Adolescencia, o 20 de novembro viñemos en pixama ao cole. Esta iniciativa foi para representar o momento da intimidade familiar da hora de ir a durmir, nun fogar calquera. Con esta iniciativa preténdese facer énfase na importancia do Acollemento Familiar para garantir o dereito de vivir en familia dos nenos, nenas e adolescentes… que os que viven en centros non o teñen cumprido.

                             

Samaín 2023

 Aquí deixámosvos algúns momentos do día de hoxe.

Foi un día terroríficamente divertido!




Obradoiro e visita AFUNDACIÓN 

"Emocións en perigo de extinción"

O pasado venres gozamos dunha saída na que aprendemos moitas cousas sobre animais en perigo de extinción. Tamén tivemos a oportunidade de realizar un obradoiro de programación con moita enerxía. Encantounos!




CONTACONTOS POLA IGUALDADE

Comezamos as actividades fóra do cole deste curso. 

A primeira actividade de 2º de primaria foi asistir ao centro cívico a escoitar CONTACONTOS POLA IGUALDADE.





Un Samaín de medo

Xa pasou o día de celebración do Samaín no colexio. Pasámolo xenial entre momias, esqueletos, bruxas e demais personaxes terroríficos. Tamén puidemos visitar a "Aula do Terror"  para acabar un día fantasmagórico.



O Magosto

No colexio puidemos disfrutar dun magnífico día para celebrar o Magosto. Un marabilloso día de sol permitiunos asistir á actuación do grupo Xiradela.




Os e as compoñentes do grupo Xiradela fixeronnos disfrutar con cancións e bailes populares. Nun par desas cancións fixeron que o alumnado de colexio bailase ao son das gaitas e pandeiretas. 


Despois de tanto baile, fomos degustar o produto estrela do magosto: as castañas.
Por certo, estaban boísimas!


Moitas grazas!




"NON A VIOLENCIA"

O pasado 25 de novembro toda a comunidade educativa do CEIP de Arteixo amosamos o noso apoio para que se acabe con todo tipo de violencia contra as mulleres. 
Desde o colexio, co lema: "A Liberdade está nas túas mans: Voa!"  pretendemos concienciar ao alumando da importancia de respectar aos demais e non usar a violencia contra ninguén.



Primeiro, posamos todos e todas en grupo. Despois, viñeron as fotos individuáis para enviar esa mensaxe de "NON A VIOLENCIA", có bater das nosas ás.
























                                                                                                                                                                      


NADAL 2022

Un ano mais chegou o Nadal as nos vidas. No colexio foron unhas semanas de moitos nervios. O alumnado non paraba de falar de Papa Noel, Reis Magos e, de descansar e ver aos seus familiares.
Decoráronse as portas das aulas coa temática do Nadal. 

Prepararon unha felicitación...


 Visitamos ao Carteiro Real...







                                                                                                                                                                 

Visita ao MUNCYT 

O alumnado de primeiro fixemos unha visita ao Museo Nacional de Ciencia y Tecnología e puidemos difrutar moito das diferentes exposicións e talleres de matemáticas, que alí lles propuxeron.





Tamén temos algún vídeo dos talleres.




                                                                                                                                                                  

Día da Paz

No colexio tamén celebramos o Día Internacional da Paz. Este ano decidimos amosar o noso apoio ao pobo ucraino facendo un mural coa bandeira de Ucraína. Esta bandeira pintámola coas nosas mans. 



Como marco desta bandeira, utilizamos una obra de Picasso que os nenos e as nenas decoraron ao seu gusto.


                                                                                                       

As nosas tradicións

Esta semana o alumnado de primeiro puido disfrutar dunha charla sobre as vestimentas tradicionais galegas. 

 Para explicarnos as diferenzas entre os tipos de vestimentas, viñeron Marta e Andrea (futuras mestras de Educación Primaria) que amosaron con paixón o seu coñecemento das nosas tradicións. 

Amosaron os dous tipos de traxes: o de cotío e o de gala.


O alumnado comprobou a diferenza na textura dos materiais cos que estaban confeccionados os dous traxes.


Aprenderon o nome dos pendentes tradicionais. Chámanse "Fonsagrada" por ser fabricados nese concello.


O alumnado disfrutou coa paixón coa que amosaban todo.

Grazas Marta e Andrea.


                                                                                                                                                                                         
TALLER NATURGY
Estes días tivemos a visita de varios biólogos e biólogas que nos viñeron a explicar a necesidade de utlilizar as enerxías renovables e a importancia de protexer o noso medio ambiente.

Puidemos facer varias actividades para coñecer as diferentes enerxías renovables existentes.



                                                                                                                                                                            

Entroido 2023


O venres  17 de febreiro celebramos o entroido no colexio. 
Este ano aproveitamos o aniversario dos estudios Disney e o alumnado de primeiro disfrazámonos dos Increíbles. Película de animación na que se amosa a unha familia con incríbles poderes.

Pasámolo xenial facendo un pasarúas polo paseo fluvial.


Despois de tanto pasear, calquer heroe ou heroína precisa repoñer forzas.












Hasta a próxima aventura...


TALLER DE OLARÍA

O alumnado do colexio puido disfrutar dun taller de olería cunha mestra oleira de Buño. Amosou a súa arte e puxo en valor as mulleres oleiras e a importancia que tiveron e teñen nesta importante arte.



VISITAMOS A BIBLIOTECA DO CONCELLO

O alumnado de primeiro visitamos a biblioteca municipal do concello de Arteixo. 
Puidemos aprender as normas de funcionamento da biblioteca para ter unha boa convivencia cos usuarios e as usuarias da mesma.
Tamén disfrutamos dunha caza do tesouro cunha temática de Piratas.
Pasámolo xenial!



VISITA A BONILLA

O alumnado de primeiro puidemos disfrutar da visita a fabrica de patacas Bonilla a la vista. 
O alumnado quedou abraiado de como se fabricaban as patacas fritidas que despois degustaremos en boa compañía.



MAXIA POLA IGUALDADE

Hoxe o alumando puido disfrutar dunha sesión de maxia pola igualdade no centro cívico do concello de Arteixo. Foi unha actuación na que puidemos disfrutar de trucos incríbeis e ao final alucinamos coas figuras que creaban coas súas mans.