22/12/2022

FELICES FESTAS 🎄

 

 O alumnado de 1º deu comezo ao festival de Nadal do colexio con esta marabillosa actuación coa canción "Navidad Rock". Desexámosvos bo nadal e mellor comezo de ano. 

Vémonos pronto!

 

 

12/12/2022

CHEGA O NADAL E...
 
Compartimos as recomendacións de libros que fan desde a biblioteca do colexio para que vos animedes a pedir un libro aos Reis Magos.
 

 
Tamén queremos compartir o cartel de Nadal coa programación de esta semana.
 
 
 

XOGOS EN LIÑA

Este mes fixemos moita festa no colexio (Samaín e Magosto) pero tamén traballamos moito na clase coas letras m, p, l e s.





 

 Neste enlace podedes repasar xogando con esas letras:

Xogos de lingua

 

En matemáticas estamos practicando cos números ata o 20, iniciámonos na suma e estamos a aprender o concepto de decena. Aquí tedes xogos de números e operacións variados para repasar xogando:

Xogos de matemáticas

25/10/2022

XA ESTAMOS EN OUTUBRO

 Xa levamos un mes de clase. Temos novos compañeiros, novos profes,...e moitas ganas de aprender. Aprendimos moitas cancións e repasamos algunhas letras e números que tiñamos algo esquecidos.

Agora toca practicar para que cada día saia mellor. Ánimo rapaces!!!!

 Aquí tedes  a CANCIÓN DAS VOGAIS:




Tamén aprendimos a CANCIÓN DOS NÚMEROS:



Para repasar os DÍAS DA SEMANA:


Por último temos a canción dos MESES DO ANO. Xa veredes como vos gusta!!!!!!









12/09/2022

Benvidas/os a primeiro



Comezamos un novo curso. Xa estamos en Primaria!!!!
Despois de tantos meses sen vernos agora xa podemos vir ao cole. 
Rematamos Infantil e pasamos a Primeiro: novos amigos, novos profes, novo patio... 

BENVIDOS A PRIMEIRO !!!!!