22/04/2024

 

                                                O noso cartel de 

              "Debuxando a Natureza"


Pedazo de artistas que temos en 2º de Educación Primaria.




22/03/2024

DEBUXANDO A NATUREZA 


No seguinte enlace podedes acceder á presentación das diferentes especies de flora e fauna para que investiguedes e fagades o debuxo do voso animal.


19/03/2024

Break Dance con Anxo Flava

 BREAK DANCE CON ANXO FLAVA

Aquí deixámosvos un anaquiño da sesión de Break Dance de hoxe.

Aprendemos e gozamos con Anxo Flava dalgúns pasos do Breaking.

Moitas grazas por achegarnos a esta disciplina tan interesante.







15/02/2024

Entroido 2024

Entroido 2024


Este ano no Entroido o alumnado de 2º de Educación Primaria sorprendeunos cunha actuación de Break Dance. 





 

11/01/2024

 Resta con levadas

Comezamos o segundo trimestre aprendendo a restar con levadas co método do ascensor. Neste vídeo de Super PT en acción podedes ver a explicación completa para practicar na casa. A restar!!!

 


17/12/2023

 Recomendacións lectoras e xogos

  Desde a biblioteca do CEIP de Arteixo chegan estas opcións de libros e xogos educativos para o Nadal. Preme na imaxe para acceder ao blog.

 

https://oratodeler.blogspot.com/2023/12/recomendacions-de-lecturas-e-xogos-para.html